Ter unha boa plataforma de desenvolemento é fundamental para poder traballar comodamente. Polo que seguidamente deixo os pasos que seguin para instalar a que teño montada nun dos equipos que uso para programar/traballar.
1- Dende Synaptic podemos instalar o seguinte:
- Para MySql (Guia MySql-Ubuntu)
mysql-server
mysql-admin (administrador visual de MySql)
- Para Postgre (Guia Postgre-Ubuntu)
postgresql
pgAdmin3 (administrador visual de PostgreSQL)
- Servidor Web: Apache (Guia Apache-Ubuntu)
apache2
apache2-doc (documentación de apache2)
rapache (xestor visual -mini- para apache2)
php5
php5-mysql (módulo de php para traballar con MySql)
php5-pgsql (módulo de php para traballar con PostgreSql)
php5-xdebug (extensión para depurar os scripts de php)
- Git:CVS-Git
git-core
git-cvs
git-doc
qgit (xestor gráfico para os repositorios de git)
Ok, unha vez marcado todo isto procedemos a instalalo, tan díficil como pulsar o botón <Aplicar>.
Cando o temos instalado comprobamos que o servidor -Apache- funciona para elo facemos o seguinte:
- Abrimos o navegador (Firefox por exemplo) e escribimos:
Se todo vai ben en pantalla debe aparecerche isto : It Works!
- Pero cando intentamos acceder ao noso directorio persoal lanza un erro, fixate:
E lanza un erro ao estilo: Not found The requeste URL/~tonio not found on this server.
- Agregando directorio persoal ao Apache2:
Abrimos o terminal e escribimos o seginte:
sudo
a2enmod
userdir
Creamos dentro do noso /home/ o seguinte directorio /public_html/
Seguidamente reinciamos o servidor apache2, para eso podemos facer uso do aplicativo rapache instalado con anterioridade rapache->tools->restart Apache.
- Unha vez feito esto voltamos a executar dentro do firefox url anterior:
- Agora o resultado debe de ser distinto indicando algo así
(en caso de darche un erro ao estilo ‘Could not reliably determine…’ picha aquí.):
Index of/~tonio Name last modified Size Description
Apache/2.2.12 (Ubuntu) Server at localhost Port 80
- Ok, todo vai sobre o previsto…
- Dentro do directorio /public_html/ podemos crear un
ficheiro chamado index.php (ficheiro que por defecto busca apache) e
dentro do ficheiro podemos poñer algo así:
<?php phpinfo();?>
- Pulsamos F5 sobre o navegador Firefox para refrescar.
- Seguidamente debe aparecer un listado con todas as caracteristicas que ten a versión de php instalada no noso sistema.
- Agora imos activar a propiedade ‘xdebug’.
Escribimos no terminal:
sudo gedit cd/etc/php5/conf.d/xdebug.ini
Engadimos a seguinte liña:
xdebug.remote_enable=on
- Reiniciamos de novo o firefox.
- Nota: Despois de moito pelexar, non conseguin que Xdebug
funcionase correctamente, polo tanto estou pensando intentar facer a
súa instalación mediante PEAR, ou instalando as fontes. Nunha entrada próxima resolverei este ‘pequeno’ inconvinte.
2- Dende a web realizamos a descarga do IDE:
Aparecenos nun arquivo co segunte nome:
netbeans-6.8-ml-linux.sh
Procedemos a instalar:
Damoslle permisos de execución como programa ao arquivo.
Pulsamos duas veces sobre o arquivo e na pantalla que nos aparece seleccionamos <Executar nun terminal>
Esperamos…
Cando nos sae a pantalla para iniciar a instalarción picamos sobre o botón <Customize> e deselecionamos que nos instale o servidor ‘Sun GlassFish Enterprise Server v3′ xa que non o queremos dado que temos instalado o noso apache2 no sistema.
Procedemos a installación…
Unha vez que temos netbeans instalado só nos queda facer o seguinte:
- Iniciamos o NetBeans
- Imos a paleta superior e escollemos a opción ‘Tools’ -> ‘Options’
- Unha vez aquí seleccionamos a opción PHP, e indicamos onde esta situado o interprete de PHP: /etc/php5/apache2/php.ini
- Instalar o plugin de GIT: accedemos a web de NBGit.
- Descargamos o plugin no meu caso o nbGit-0.3.nbm.
- Abrimos o NetBeans:
- Imos a paleta superior e escollemos a opción ‘Tools’->’Plugins’.
- Unha vez aquí imos a ‘Downloaded’ e escollemos a opcion ‘Add Plugins’ e seleccionamos o plugin que acabamos de descargar.
- Logo só queda seleccionar a opción ‘Install’ e seguir as instruccións que nos marca o instalador.
- Ok, xa o tes instalado; se vas a opción ‘Team’ verás que xa existe unha etiqueta que permite traballar con Git.
Pois xa esta!! agora só queda emprezar a traballar con todo isto… pero iso será en outras entradas futuras.












Comentarios recentes
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 3 días
hai 13 semanas 6 días